Rita

Este é outro dos tantos cadros que teño sen acabar. Tiña razón a persoa que dixo un día, e que non recordo quen é, que pertencemos a xeración do zapping, que nos gusta ir saltando dunhas cousas a outras, e que nos aburre estar dedicarlle todo o tempo a unha cousa soa. Creo que eu estou nese caso. Pois ben, este óleo aínda non está rematado, faltan os brazos, e as mans, claro. Nel a rapaza que sae é miña "irmán", digo irmán e non irmá porque na miña zona úsamos esta palabra para referir tanto o masculino como ó fiminino. Como se observa no título, chámase Rita, e é dous anos maior que min. A pintura foi feita a raíz dunha foto desta. É un cadro feito a pincelada solta, pouco usual en min, aínda que de vez en cando me gusta usala.

1 Comments:
Bueno Rita la verdad es que en el cuadro sales muy muy mejorada,sera por la Pintora,se le escapo la mano com el blanco.
Bueno Ya seguire metiendome contigo, sin mas recibe un cordial saludo de Sandra,Jose(Marin),Claudia y Lucas
Saludossss
Post a Comment
<< Home