Thursday, January 19, 2006

Rita



Este é outro dos tantos cadros que teño sen acabar. Tiña razón a persoa que dixo un día, e que non recordo quen é, que pertencemos a xeración do zapping, que nos gusta ir saltando dunhas cousas a outras, e que nos aburre estar dedicarlle todo o tempo a unha cousa soa. Creo que eu estou nese caso. Pois ben, este óleo aínda non está rematado, faltan os brazos, e as mans, claro. Nel a rapaza que sae é miña "irmán", digo irmán e non irmá porque na miña zona úsamos esta palabra para referir tanto o masculino como ó fiminino. Como se observa no título, chámase Rita, e é dous anos maior que min. A pintura foi feita a raíz dunha foto desta. É un cadro feito a pincelada solta, pouco usual en min, aínda que de vez en cando me gusta usala.

Parasol


Este cadro, aínda sen rematar, si ten copy right propio. Foi un cadro que non comezou sendo así, pero que pouco a pouco se convirteu no que é. Creo que ahora non o vou cambiar, acabareino e punto. Parece de inspiración china a que si?

Tuesday, January 17, 2006

O Bico ( de Klimt)


Este cadro non ten copy right propio xa que é moi coñecido. Pertence a Gustav Klimt. Como non son a varonesa Tissen que pode comprar todas as obras que lle gustan e non creo que nunca reuna a suma que me pedirían por un cadro destes, teño que conformarme con pintalos eu mesma se os quero colgar na casa. Non é unha reproducción moi fiel, pero bueno. De momento non está acabado, levo varios anos pintandoo, digamos que cando me apetece.

O pozo


O pozo nace a raiz dunha foto que tamén baixei de internet e que polo visto pertence a unha casa de turismo rural en Rianxo. Espero que o disfrutes.

Nenúfares


Este é un cadro que ten moito éxito, está inspirado nunha acuarela que baixei de internet, e que teño archivada xunto con centos de cadros máis no meu ordenador. Non podo evitar meterme en internet para visitar galerías de todo o mundo!!

Manchito


Este cadro nace a raiz dunha foto que meu cuñado quitou en Leiro ( preto de Rianxo) xa hai algúns anos.