Campanillas
Non me gusta pintar xarróns nin natureza morta, pero hai que probar de todo. Está sin rematar, pero xa queda ben así, faltaría crear o interior das campanillas e retocalas. Como xa dá un efecto de cor bastante aceptable creo que o vou deixar así a medias. Pincelada moi moi solta. Resultado dunha tarde de vagancia en Santiago.
As tres idades
Inspirado en outro cadro de Klimt "As tres idades", mostra as tres idades da muller.Deixei só a muller ca nena, pois é unha maternidade preciosa. Está pintado sobre papel ingres, ou guarro como se coñece comunmente. Teño en mentes facer unha copia fiel do auténtico que ten unhas cores preciosas. Se alguén o quere ver está colgado na miña páxina da universidade. A foto saeu un pouco oscura.
A lavandeira
O único que me gusta deste cadro é a sábana, a muller non che me gusta nada, ten cara de simia, é que non teño demasiada experiencia pintando retrato. Gustou bastante, pero é un cadro que eu no colgaría na casa. Xa se sabe para gustos cores e para xardíns flores...
A catedral de Axeitos
Este é un dos cadros cos que máis éxito tiven, entre a miña familia e achegados, de feito hai dous casi idénticos, un deles o segundo teno meu cuñado. Como se pode observar é o dolmen de axeitos, o fondo non se corresponde ca foto de onde foi quitado, pois non era moi agradecido. Cando estaba pintando este cadro miña irmá e Peggi viñeron a velo e horrorizoulles, co cal estanqueino ata que tempo máis tarde lle dei o toque final, cambiei o fondo. Este sí ten copy right propio e creo mesmo que debido a que está tan solicitado mesmo haberá un 3º dolmen. Nótase que me encanta pintar pedras non?
É unha pena que por culpa da foto non se poda apreciar ben o cadro pois esta desmerécelle moito.
Na praia
Pintura ó oleo sobre lienzo, a pincelada moi solta, sen apenas grandes detalles, de feito para min vese un pouco valeiro. O mellor é a señora, a nena está cutre total. Inspirado nun cadro deses tantos que baixo de internés.
Campo
Aquí vai tamén o producto dunhas horas mortas, un campo cheo de flores laranxa cun mar ó fondo, sin detalle, con moi pouco elementos e con poucas cores. Que conste que é un cadro moi agradecido, hai un idéntico no pasillo de meus pais en Amsterdam, como non me dou moito traballo decidín pintar outro igual, para colgar aquí en Santiago na habitación do piso. Queda moi agradecido, como a habitación é dun tono verde amarillento queda moi resultón. Que conste que tamén son pintora de brocha gorda, xa que a habitación do piso, a sala e a cociña están pintadas por min, a colores claro.
Mariña
Por se Mariña visita a páxina, gracias por ser seguidora tan fiel e tan pouco crítica, aquí publico unha seaside coma ti. Este é un óleo pintado sobre papel, pinteino as navidades do ano pasado, non estas en Holanda, onde viven meus pais. Non é moi bo, pero tampouco lle dediquei moito tempo, unha tarde desas de ocio, que tanto hai nos países do norte, pois anoitece tan cedo e en algo hai que matar o tempo.
O faro
Este cadro gustáballe ó meu mozo e decidín pintarllo. Non ten copy right propio, pertence a un pintor americano Brega. Non ten moito que comentar, que é un cadro moi simple, de pincelada moi difuminada e de ceo un pouco tormentoso.