Monday, March 20, 2006

Malvas


Outro xarrón para a colección. Neste caso como indica o título son malvas, pintadas a pincelada solta, como a min me gustan este tipo de cadros.
Estou esperando comentarios de Rita, que normalmente é a que me di que non pinte este tipo de motivos, porque se me dan mal, pero hai que prácticar o que a unha non se lle dá ben.

Friday, March 10, 2006

Mucha's obsession


Perdonádeme por este plaxio tan mal plaxiado, bueno que non é de todo un plaxio, pois cambio moitas cousas, pero é que a parte de Gustavito Klimt tamén me canta Alphonse Mucha e como non tiña que intentar ter algo del na casa, non? Bueno, un de tantos outros sin acabar, pero xa está bonito. Pintura plana, sen volúmenes nin sombras que os podan suxerir, ligado á creación de carteis... Predominio da cor verde, pensemos que o orixinal se chama L'emerald. Hai tres máis en diferentes posturas e cores, que pretendo pintar para reunir as catro. Estou un pouco pa'llá, non?

A cruz do Avelán


Esta é a Cruz do Avelán, lugar bastante siniestro e misterioso de Dodro. É un peto de ánimas, situado nunha encrucillada de camiños, onde casualmente ese día (o da foto) había niebla. Por que sería? Acaso estamos ante un caso para enviar a Cuarto Milenio, pois o lugar é un camiño de tránsito de almas.... Que tétrico. Bueno espero que vos guste esta "paisaxe pedra" tan típicos en Galicia.

Flores


Aí vai outro de flores, froito dunhas horas mortas esta semana. Moi sensillo, casi infantil. Obsérvese o contraste ente a figura (xarrón flores) completamente azul prusia e o fondo en tonos ocres, de tonalidade moi clara. Son dos de acabar rápido para non me estresar así que non criticar, vale Rita?