Tuesday, May 23, 2006

Margaritas


Este é o meu piquiniño, si, é o meu primeiro cadro. Téñolle un cariño moi especial, é un cadro moi sinxelo entre infantil e impresionista, pero para min é o mellor de todos. A galería na que o podedes visitar é privada, é o meu cuarto en Manselle, xunto á miña cama. Bromas a parte; é un cadro que a pesares de ser "sensillo" gusta bastante.
Deste non acepto críticas negativas, así que todo aquel que pretenda facelas que non as faga que pode ferir a miña sensibilidade!! Vale?

Fada


Deste tamén se apoderou Rita, teno no seu cuarto, a verdá é que lle vai bastante ben ca decoración. Claro exemplo da pintura NAIF.
Teño outra fada en proceso, pero mentras non a acabe non a colgo.
No referente a este tipo de pintura recoméndovos, ó que lle guste, as seguintes páxinas:

http://www.artistas.artenaif.com/

http://www.artenaif.com/

Barcos


Esta é unha das miñas primeiras creacións, se non é o segundo é o terceiro cadro que pintei en óleo. É o favorito de Rita, claro está é dela. Xa se enamorou del cando era só liñas grises.

Na praia



Este é un dos cadros que pintei nos meus anos de estudiante aquí en Santiago, cando compartía piso con catro máis. Inspirado nunha foto dunha rapaza que saía nunha revista, creo que era un anuncio de algo??

O camiño


O camiño é froito da liberación do estrés un día deses que deixas que a man vaia soa. De temática un tanto impresionista, polo da paisaxe e esas manchas en verde e amarelo que parecen ser follas. Como son unha amante do verde, esta é unha cor central en moitos dos meus cadros.

Porche


Este é un cadro bastante sinxelo, de pincelada solta, de cores alegres exceptuando o purpura da wisteria. Non é das creacións que máis gustan ós que veñen pola miña casa pero bueno, un de tantos!