Friday, June 12, 2009

Pañando herba

Este cadro pinteino xa hai uns dous anos para un concurso de pintura, que como é lóxico non gañei. Normal, casi todos os cadros eran abstractos e casualmente, todos aqueles que presentamos obras onde se pode apreciar claramente a temática do cadro non accedemos a ningún premio. E que conste que os había moi chulos.
Bueno, nos tempos que corren, entre tanto sibaritismo e moda por ir de guai non nos debe estrañar, pensemos que as tendencias impresionistas, expresionistas, cubistas, tenebristas, etc. xa non son valoradas? Ahora o que realmente se valora é o morro, é dicir mostrar pouco pero darlle unha interpretación filosófica-flipadilla.
Ollo, e que conste que a min hai obras abstractas, contemporáneas que me gustan, pero tamén hai moita xente que vai de listillo, e nin siquera mostra algo novedoso, entón onde está realmente o valor desto que ahora se denomina arte?

Como vedes hai moito que non publico, polo menos 3 anos, pero como as "golondrinas" siempre volvo aínda que non sea ó ano seguinte, bueno a ver se ahora publico máis a menudo.

Quero tamén a través desta miña primeira entrada despois de tanto tempo enviar un saúdo a alguén que o ano pasado por estas fechas me animou a seguir publicando neste blog, gracias Ramona, e pásate cando queiras. Aínda que se deixaras algún mensaxiño de vez en cando tamén me axudaría a saber que sigues por aquí.

3 Comments:

Blogger alex said...

Que razón tes!!! Haiche moito Andy Warhol solto por aí que pensa que se tira un pouco de pintura nun lenzo e lle chama ao cadro "indeterminación", "soidades" ou algunha outra palabriña que lle soe ben xa ten unha obra de arte. E vamos, que dicir dos que poñen a palabriña ou palabriñas noutras linguas...Onde vai parar,muller, non che é nada comparable o título de "eternidade" ao lado do de "éternité", hai que ver o que fai unha traducción, dáche así de súpeto unha distinción...
O teu cadro, por certo, unha chulada, como todos (aínda que xa sabes que teño especial debilidade por algúns)
Un bico e graciñas por seguir aí!

1:44 AM  
Blogger alex said...

This post has been removed by the author.

1:57 AM  
Blogger martrolas said...

Mi madre cacho parrafada! Pero tes toda a rasón, xa sabes que eu opino o mismo.

6:26 PM  

Post a Comment

<< Home