Pañando herba
Este cadro pinteino xa hai uns dous anos para un concurso de pintura, que como é lóxico non gañei. Normal, casi todos os cadros eran abstractos e casualmente, todos aqueles que presentamos obras onde se pode apreciar claramente a temática do cadro non accedemos a ningún premio. E que conste que os había moi chulos.Bueno, nos tempos que corren, entre tanto sibaritismo e moda por ir de guai non nos debe estrañar, pensemos que as tendencias impresionistas, expresionistas, cubistas, tenebristas, etc. xa non son valoradas? Ahora o que realmente se valora é o morro, é dicir mostrar pouco pero darlle unha interpretación filosófica-flipadilla.
Ollo, e que conste que a min hai obras abstractas, contemporáneas que me gustan, pero tamén hai moita xente que vai de listillo, e nin siquera mostra algo novedoso, entón onde está realmente o valor desto que ahora se denomina arte?
Como vedes hai moito que non publico, polo menos 3 anos, pero como as "golondrinas" siempre volvo aínda que non sea ó ano seguinte, bueno a ver se ahora publico máis a menudo.
Quero tamén a través desta miña primeira entrada despois de tanto tempo enviar un saúdo a alguén que o ano pasado por estas fechas me animou a seguir publicando neste blog, gracias Ramona, e pásate cando queiras. Aínda que se deixaras algún mensaxiño de vez en cando tamén me axudaría a saber que sigues por aquí.
